Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fan públicas dúas resolucións correspondentes a solicitudes do Programa de iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), reguladas na Orde do 30 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 110, do 11 de xuño) (expedientes TR340K 2014/93-3 e TR340K 2014/94-3).

Intentada a notificación destas resolucións segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica por seren devoltas polo servizo de Correos, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ás persoas interesadas o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento destas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interporen recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles o dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida da Habana, 79, 7º andar, en Ourense, e a obter, se é o caso, copia do acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 5 de febreiro de 2015

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expedientes: TR340K 2014/93-3 e TR340K 2014/94-3.

Nome ou razón social: Educa Art, OU, S.L.

NIF/CIF: B32453599.

Último enderezo coñecido: rúa Bedoya, nº 38 (esquina Emilia Pardo Bazán, 42); 32004 Ourense.

Tipo de axuda: subvención á xeración de emprego estable e subvención para o inicio da actividade.

Contido da resolución: desistencia.