Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 11 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0008/2015-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-0008/2015-PPM e oito máis.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 11 de febreiro de 2015

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0008/2015-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos Pasantes Lista.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Furoca, 16, baixo, Camariñas.

Expediente: PSC-CO-0010/2015-PPM.

Persoa interesada: Pablo Fernández Romero.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Alcalde Peña Mª Llano, 16, baixo A, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0016/2015-PPM.

Persoa interesada: Diego Cabral Lago.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Barrio das Flores, bl. 56, P9, 6º A, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0017/2015-PPM.

Persoa interesada: Juan Manuel Borja Pérez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa O Portiño, nº 33, P2, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0018/2015-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Borja Pérez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa O Portiño, nº 33, baixo 1, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0021/2015-PPM.

Persoa interesada: Manuel Borja Jiménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, nº 2, 2º esda., A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0026/2015-PPM.

Persoa interesada: Manuel Borja Borja.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, nº 33, 1º, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0029/2015-PPM.

Persoa interesada: Ángel Borja Bermúdez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Portiño, nº 24, baixo, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0034/2015-PPM.

Persoa interesada: Francisco Javier Bermúdez Pose.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Rodrigo A. de Santiago, nº 54, P404, A Coruña.