A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 10 de decembro de 2014, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva, derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/16/2011, como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 14 de febreiro de 2012, 23 de agosto de 2012, 29 de abril de 2013 e 17 de xaneiro de 2014, en que se lle ordenaba a demolición dunha edificación para exposición de edificacións de madeira no lugar de Fondo de Cea, no termo municipal de San Cristovo de Cea, e se ordenaba a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, por resultaren incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Manuel Costas Estévez, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.
Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística