Neste concello tramítase un expediente para a concesión do uso privativo dun ben de dominio público por un prazo improrrogable de catro anos.
Trátase dunha edificación de 306 metros cadrados aproximadamente, sita na área recreativa de Ribadiso, que consta de dúas partes diferenciadas: unha destinada a aseos e a outra como local adecuado para a explotación dun bar-cafetaría, no mesmo horario de apertura e peche que o do resto dos establecementos comerciais de similar categoría deste municipio.
De conformidade co disposto no artigo 87.4 do Regulamento de bens das entidades locais, aprobado polo Real decreto 1372/1986, do 13 xuño, ábrese un período de información pública de 30 días, contado desde a publicación deste anuncio no último dos boletíns oficiais en que apareza (BOP ou DOG), co fin de que os interesados poidan comparecer e expoñer as alegacións que consideren pertinentes.
Durante o dito prazo poderá ser examinada a documentación achegada ao expediente no Departamento de Secretaría, de luns a venres, en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.30 horas). As alegacións ou os escritos de reclamación poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio admitido polas disposicións vixentes.
Arzúa, 9 de febreiro de 2015
José Luis García López
Alcalce