Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Venres, 27 de febreiro de 2015 Páx. 8472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de información pública sobre o convenio urbanístico de xestión para a adquisición de vía na rúa Capela.

Anuncio da sinatura do texto inicial do convenio urbanístico de xestión para a adquisición de vía na rúa Capela.

O día 5 de decembro de 2014 asinouse o texto inicial do convenio urbanístico para a adquisición de vía na rúa Capela.

Conforme dispón o artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que calquera persoa poida examinalo e formular as alegacións que xulgue pertinentes.

As Pontes de García Rodríguez, 16 de febreiro de 2015

Antonio Alonso Román
Concelleiro de Urbanismo