Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Luns, 2 de marzo de 2015 Páx. 8655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a contratación da subministración sucesiva do material para a realización de técnicas analíticas, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente MS-EIV1-15-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 37.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: MS-EIV1-15-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva do material para a realización de técnicas analíticas da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: si.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33696400-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, de ser o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto Puntuación

Oferta económica 50

Transmisión de datos mediante sistema EDI 1

Plan de formación para persoal adscrito ao servizo 2

Versatilidade das presentacións 2

Calidade analítica do obxecto da subministración, específico

por lote 25

Proxecto: grao de integración, consolidación e melloras

técnicas da solución ofertada 10

Característica dos reactivos 3

Garantía da calidade analítica 3

Características dos equipamentos analíticos 4

4. Valor estimado do contrato: 27.947.511,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto 16.439.712,35 €, IVE (21 %): 3.452.339,59 €. Importe total 19.892.051,94 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver os pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: antes das 14:00 horas do día 18 de marzo de 2015.

b) Modalidade de presentación: ver os pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Ver cláusula 3.5 do PCAP.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 10 de febreiro
de 2015.

Vigo, 10 de febreiro de 2015

Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo