Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8808

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014071AM-OU por infracción en materia sanitaria.

Con data 19 de decembro de 2014, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2014071AM-OU incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Rodrisan, S.C. (Hotel El Relojero).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Rodrisan, S.C. (Hotel El Relojero) o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbrase o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2014071AM-OU.

Denunciada: Rodrisan, S.C. (Hotel El Relojero ).

Documento de identificación: J32333064.

Último enderezo coñecido: rúa Beato Sebastián Aparicio, 17, 32540 A Gudiña, Ourense.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 8 e 14 do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénico-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

– Artigos 4 e 10 do Decreto 9/2001, do 11 de xaneiro, polo que se regulan os criterios sanitarios para a prevención da contaminación por lexionela nas instalacións térmicas.

– Artigo 32 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade (BOE núm. 102, do 29 de abril de 1986).

– Artigo 56 da Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE núm. 240, do 5 de outubro de 2011).

– Norma UNE 100030 IN Guía para a prevención e control da proliferación e diseminación da lexionela en instalacións.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 4.500 €.