Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8789

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (961/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 961/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Calvo Neira contra Fogasa, Ofemalga, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza número 26 cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 961/2013, promovidos perante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Patricia Calvo Neira, asistida pola letrada Milagros Verde Crespo contra Ofemalga, S.L., que non comparece, administradora concursal da entidade demandada, que non comparece, Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

(…)

Decido.

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Patricia Calvo Neira e, en consecuencia, condeno a Ofemalga, S.L. a aboarlle á demandante 23.564,64 euros, dos cales 15.941,09 euros devindicarán os xuros do artigo 29.3 do ET cos límites do artigo 59 da Lei concursal e 7.623,55 euros os xuros dos artigos 1100 e seguintes do Código civil cos límites do artigo 59 da Lei concursal. Condeno a administración concursal a estar e pasar por esta resolución na súa condición de tal e o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da Lei reguladora da xurisdición social.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ofemalga, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial