Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8773

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (230/2014).

Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 230/2014 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Isabel Leal García, Juana Rodríguez Fernández contra a empresa Confecciones Pescadoira, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar a executada Confecciones Pescadoira, S.L., en situación de insolvencia por importe de 2.209,42 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Pescadoira, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial