Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2015 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído dalgunhas estradas da rede autonómica de Galicia da zona de Vigo-Morrazo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á rede autonómica de estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais para a dita zona e así mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense a información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a continuación se relacionan:

Estrada

Zona de Vigo-Morrazo

Treito/s

Clave

Concello/s

AG-57

Baiona (PO-552)-Enlace 2º cinto Vigo
(VG-20)

10+240 ao 22+000

PO/13/044.09.1

Vigo, Nigrán, Gondomar

CG-4.1

Rande (AP-9)-Alto da Portela (PO-551)

0+000 ao 15+000

PO/13/044.09.2

Cangas, Moaña

PO-225

Alba (N-550)-San Caetano (PO-531)

0+000 ao 1+080

PO/13/044.09.3

Pontevedra

PO-323

Chapela (N-552)-Vigo

0+000 ao 4+280

PO/13/044.09.4

Vigo, Redondela

PO-324

Ponte Lagares-Canido

0+000 ao 2+380

PO/13/044.09.5

Vigo

PO-330

Vigo (cemiterio de Pereiró)-Vincios (PO-331)

0+000 ao 6+740

PO/13/044.09.6

Vigo

PO-331

Torneiros (PO-511)-Gondomar (PO-340)

12+080 ao 15+730

PO/13/044.09.7

Gondomar

PO-510

Atios (N-550)-Salvaterra (PO-400)

0+000 ao 6+990

PO/13/044.09.8

O Porriño, Salceda de Caselas

PO-511

Sanguiñeda (N-120)-Torneiros (PO-331)

0+000 ao 0+520

PO/13/044.09.9

Mos, O Porriño

PO-542

Ponte Bora (N-541)-O Pino (N-550)

3+210 ao 7+090

PO/13/044.09.10

Pontevedra

PO-551

Marín (Pavillón Escola Naval)-Rande (N-554)

0+000 ao 24+700

26+050 ao 33+610

PO/13/044.09.11

Marín, Bueu, Cangas, Moaña

CG-1.5

Brión (AG-56)-Noia (AC-550)

12+580 ao 30+200

PO/13/044.09.12

Noia, Lousame, Rois, Brión

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que poderán ser examinados polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou suxestións que estimen oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas respectivas casas dos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas) atópase á disposición dos interesados o documento completo de cada un dos treitos referenciados.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente á actuación a que van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, número de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas