Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8777

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (288/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 288/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Otero Ferreiro contra a empresa Yampier y Daniel, S.C. e o empresario José Ramón Otero Ferreiro, sobre despedimento, se ditou Decreto 21/2015, do 14 de xaneiro de 2015, declarado firme no día de hoxe, polo que se declarou a insolvencia provisional total dos executados Yampier y Daniel, S.C. (CIF J70287545) e José Ramón Otero Ferreiro (NIF 44806740-A) pola suma de 33.491,52 euros (4.468,32 € indemnización + 27.018,72 € salarios trámite desde a data do despedimento ata a data da notificación da sentenza + 2.004,48 € salarios trámite desde a data de notificación da sentenza ata o 13.12.20013) en concepto de principal, máis 3.019,46 euros que provisionalmente se orzan para xuros, sen prexuízo de posterior liquidación, o que se fai público para os efectos previstos no artigo 276.5 da LXS.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial