Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8879

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO para a contratación do servizo de conservación, reparación e mantemento da iluminación pública.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de conservación, reparación e mantemento da iluminación pública do concello de Arzúa.

b) Nomenclatura: CPV-2008: 50232100-1.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: con multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento de licitación: 79.800 € + 16.758 € (21 % de IVE)= 96.558 €, coa distribución de anualidades establecida no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 4).

b) Revisión de prezos: non procede.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante
www.concellodearzua.org

b) Domicilio: rúa Santiago, nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfono: 981 50 00 00 - 981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se exixe.

8. Criterios de valoración:

1. Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Medios técnicos adscritos á realización dos traballos............ata 20 puntos.

b) Plan de traballo e protección ambiental..................................ata 20 puntos.

2. Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

c) Oferta económica....................................................................ata 25 puntos.

d) Melloras..................................................................................ata 25 puntos.

e) Dispoñible nos casos de emerxencia.....................................ata 10 puntos.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días contados desde o día seguinte ao de publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que cómpre presentar: a especificada na cláusula 11.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións (se coincide en sábado, trasladarase a apertura ao seguinte día hábil), abrirá a documentación presentada nos sobres A. As datas de apertura dos sobres B e C (en acto público) anunciaranse previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil de contratante, nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 1.500 euros.

Arzúa, 25 de febreiro de 2015

José Luis García López
Alcalde