Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Martes, 3 de marzo de 2015 Páx. 8766

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2015 pola que se lle dá cumprimento ao acordo da Comisión de Goberno, do 12 de febreiro de 2015, que resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello de Contas de Galicia, no Diario Oficial de Galicia nº 231, do 2 de decembro de 2014, segundo o establecido no artigo 29.2 do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, no uso das atribucións conferidas polo artigo 8 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, e de conformidade co acordo da Comisión de Goberno do 12 de febreiro de 2015,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica á funcionaria que se expresa no anexo desta resolución, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria producirase o primeiro día hábil seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión da praza adxudicada comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días se o destino anterior está en Santiago de Compostela, de sete (7) días se está en localidade distinta, ou de vinte (20) días se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo do prazo posesorio iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, estivese gozando a interesada.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A toma de posesión realizada dentro do prazo referido dilixenciarase e tramitarase conforme as disposicións que regulan a materia.

Cuarto. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.c) e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2015

P.S. (Artigo 8.3 da Lei 6/1985)
Xesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

NRP/DNI: 7932544902 A0014.

Grupo: A2.

Apelidos e nome: Castro Caamaño, Laura.

Posto de traballo: técnica de auditoría.

Número do posto: 025.

Nivel: 26.

Localidade: Santiago de Compostela.