Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 9007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1019/2012).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1019/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro de Arce Andratschke contra Terranova Interpretación y Gestión Medioambiental, S.L., administración concursal de Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a parte dispositiva na seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistido a Alejandro de Arce Andratschke da súa demanda fronte a Terranova Interpretación y Gestión Medioambiental, S.L., administración concursal de Terranova Interpretación y Gestión Ambiental, S.L. e o Fogasa.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta do Banesto, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso», seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Terranova Interpretación y Gestión Medioambiental, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial