Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Mércores, 4 de marzo de 2015 Páx. 8964

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2015 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Ciencias Biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional e Ambiental e Bioindustrias.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUGA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 23 de maio de 2014 (publicado no BOE do 23 de xuño por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de xuño de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008 da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Ciencias Biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional e Ambiental e Bioindustrias pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 9 de febreiro de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Ciencias Biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional
e Ambiental e Bioindustrias

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias…………………………………….....……

60

Optativas…………………………………....................

42

Prácticas externas……………………………......……

 6

Traballo fin de máster………………….......................

12

Créditos totais…......................…………...

120

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Literatura Científica e Redacción en Ciencias Biolóxicas

3

Obrigatorio

Módulo I: obrigatorio básico

Deseño Experimental e Tratamento de Datos

3

Obrigatorio

Método Científico en Estudos Biolóxicos

3

Obrigatorio

Depuración e Manipulación de Datos

3

Obrigatorio

Enxeñaría Xenética

6

Optativo

Módulo II: especialidade Bioloxía Molecular para a Saúde e Ciencias da Vida

Xenómica e Expresión Xenética

6

Optativo

Infección e Inmunidade

6

Optativo

Patoloxía Molecular e Biomarcadores

6

Optativo

Aplicacións Biomédicas da Nanotecnoloxía

6

Optativo

Proteomica: desde a Secuencia de Proteínas á Función

6

Optativo

Bioloxía Reprodutiva e do Desenvolvemento

6

Optativo

Biodiversidade

6

Optativo

Módulo III: especialidade Ciencias Ambientais

Ecoloxía de Poboacións e Complexidade de Ecosistemas

6

Optativo

Contaminación, Bioindicación e Biorremediación

6

Optativo

Cambio Global e Adaptación

6

Optativo

Conservación e Manexo de Recursos Naturais

6

Optativo

Desenvolvemento Sustentable

6

Optativo

Restauración e Políticas Ambientais

6

Optativo

Programación en Bioinformática

6

Optativo

Módulo IV: especialidade Bioinformática e Bioloxía Computacional

Metodoloxías Estatísticas e Matemáticas en Bioinformática

6

Optativo

Extracción de Coñecemento

6

Optativo

Xenómica Computacional

6

Optativo

Evolución Molecular

6

Optativo

Bioloxía Estrutural

6

Optativo

Bioloxía de Sistemas

6

Optativo

Introdución á Xestión das Bioindustrias e ao Desenvolvemento de Negocios en Ciencias da Vida

6

Optativo

Módulo V: especialidade Xestión de Industrias Verdes

Márketing das Bioindustrias e Xestión Comercial

6

Optativo

Xestión de Operacións e Calidade en Bioindustrias

6

Optativo

Xestión de Recursos Humanos e Liderado

6

Optativo

Finanzas e Globalización das Bioindustrias

6

Optativo

Innovación, Xestión I+D e Propiedade Intelectual en Bioindustrias

6

Optativo

Emprendemento e Desenvolvemento da Carreira Profesional

6

Optativo

Prácticas externas

6

Obrigatorio

Módulo VI: prácticas externas

Proxecto obrigatorio

48

Obrigatorio

Módulo VII: proxecto obrigatorio

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Módulo VIII: traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Ciencias Biolóxicas: Bioloxía Molecular, Computacional e Ambiental e Bioindustrias, o alumnado deberá superar os 78 ECTS obrigatorios e 42 ECTS optativos a elixir de calquera dos módulos.

Ao alumnado que supere 24 ECTS optativos dunha mesma especialidade figuraralle no seu título a mención da dita especialidade.