Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014022AL-PO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 28 de novembro de 2014, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2014022AL-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á entidade Cárnicas da Paradanta, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Cárnicas da Paradanta, S.L. o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2015

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 2014022AL-PO.

Denunciada: Cárnicas da Paradanta, S.L.

DNI/CIF: B36277259.

Último enderezo coñecido: A Madalena, s/n, Darbo, 36945 Cangas.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 51, punto 2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

– Artigo 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Capítulo IV, puntos 1, 6 e 7 do anexo II do Regulamento (CE) núm. 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

– Capítulo VII, punto 3, da sección I do anexo III do Regulamento (CE) 853/2004, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos produtos de orixe animal.

Tipificación: grave, segundo o artigo 51, punto 2, parágrafo 3, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: quince mil tres euros (15.003,00 €).