Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9743

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (973/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Rebeca Mosquera Faro contra Fotocopias Maxin, S.L.U, Copy Belén, S.L., J.B. Castro Ambrona, Fondo de Garantía Salarial, rexistrado co número PO 973/2013, se acordou notificar a parte dispositiva do Decreto do 16 de febreiro de 2015 a Fotocopias Maxin, S.L.U, en ignorado paradoiro:

Parte dispositiva

Acordo:

– Considerar que Rebeca Mosquera Faro desiste da súa demanda de reclamación de cantidade fronte a Fotocopias Maxin, S.L.U., Copy Belén, S.L., J.B. Castro Ambroa, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación del no procedemento correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Fotocopias Maxin, S.L.U., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial