Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9718

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 16 de febreiro de 2015 pola que se regulan as bases para a concesión de bolsas de formación práctica en diversas áreas e se procede á súa convocatoria.

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 41, do 2 de marzo de 2015, cómpre realizar a oportuna corrección:

Na páxina 8537, no artigo 5.2.a) das bases reguladoras, onde di: «licenciados ou grao en turismo; diplomados en turismo; técnicos superiores en información e comercialización turística; técnicos superiores en axencias de viaxes», debe dicir: «licenciados ou grao en turismo; diplomados en turismo; técnicos superiores en información e comercialización turística; técnicos superiores en axencias de viaxes, ou titulación homologada equivalente».