Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9821

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de información pública sobre a relación de bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa para os efectos da execución da obra da vía variante do Tamara.

O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 2 de marzo de 2015, aprobou o proxecto técnico da obra de vía variante do Tamara-proxecto de expropiación forzosa dos terreos afectados pola variante do Tamara, redactado polo arquitecto municipal Alfredo Varela Nogueira, con data de febreiro de 2015.

Para os efectos de cumprimento da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, sométese a información pública a relación de bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa que segue a continuación:

Obra pública: vía variante do Tamara

Relación de bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa

Parcela

Titular

Enderezo parcela

Superficie total

Superficie que se vai expropiar

Valor superficie que se vai expropiar

Valor elementos accesión

Valor total

1

Comunidade de Propietarios A Robleda

Parcela 2F da UE-11

93,86 m2

34,60 m2

113,37 €

113,37 €

3

Jesús Castro Baleato

Avelina Castiñeiras Recarey

Brexo do Valado-Logrosa

367,45 m2

230,37 m2

754,81 €

Muros: 300 €

1.054,81 €

4

María Ruso Vázquez

Muíño Tellado

6.485,00 m2

1.702,48 m2

4.301,43 €

Cancela: 200 €

Piñeiral: 800 €

Cerre: 300 €

5.601,43 €

5

María Victoria Bouzán Martínez

José Antonio Vieito Fuentes

Bugalleiras

845,00 m2

98,82 m2

323,78 €

323,78 €

6

Ramón Outón Tuñas

Agro das Bugalleiras

665 m2

50,87 m2

166,68 €

166,68 €

Durante o prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da inclusión deste anuncio na última das publicacións que seguidamente se dirán, poderanse formular as alegacións que se consideren oportunas co obxecto previsto na lexislación que, sobre a materia expropiatoria, se detalla no parágrafo segundo deste anuncio. 

Os medios de comunicación, oficiais e privados, de referencia, son os seguintes: Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia da Coruña, páxina web municipal: www.concellodenegreira.es e xornal La Voz de Galicia, así como o taboleiro municipal de edictos.

Negreira, 3 de marzo de 2015

Juan J. Rey Maceira
Alcalde presidente