Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2015 Páx. 9826

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de actividade de taller.

Francisco Fernández Carbón, en representación de Talleres Carbón, S.L., presentou neste concello solicitude de licenza municipal para a ampliación de actividade de taller na rúa do Trasdeza, nº 31, baixo (Silleda). En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte (20) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal estará exposto no taboleiro de anuncios do Concello e poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas. Todo isto para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 27 de xaneiro de 2015

Manuel Cuiña Fernández
Alcalde presidente