Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 10034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración e instalación dun sistema de comunicacións de voz sobre rede IP para o novo Hospital de Vigo (expediente AB-SER1-15-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 27 de marzo de 2015.

d) Número de expediente: AB-SER1-15-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración e instalación dun sistema de comunicacións de voz sobre rede IP para o novo Hospital de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo máximo de execución será de sete meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 32500000-8, 32524000-2 e 32429000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación máxima

Criterios non avaliables de forma automática (sobre B)

Oferta técnica

30 puntos

Dispoñibilidade do sistema

10 puntos

Escalabilidade e funcionalidades do sistema

15 puntos

Integración coas plataformas existentes

5 puntos

Instalación e posta en produción

20 puntos

Planificación e metodoloxía de instalación

15 puntos

Plan de formación

5 puntos

Criterios avaliables de forma automática (sobre C)

Prezo

40 puntos

Melloras: teléfonos IP básicos c/licenzas adicionais

10 puntos

4. Valor estimado do contrato: 482.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 482.000 euros. Importe total: 583.220 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 (%) do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1. e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 27 de marzo de 2015.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 5 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 19 de febreiro de 2015.

12. Outras informacións: cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, e obxectivo específico 9.7.1.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos