Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2015 Páx. 9944

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2015, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convocan exames ordinarios teóricos e prácticos para a obtención das titulacións que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na Orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 8 de xaneiro de 2009, pola que se establecen as condicións e se regulan os requisitos para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 11, do 16 de xaneiro) e no Real decreto 259/2002, do 8 de marzo, polo que se actualizan as medidas de seguridade na utilización das motos náuticas (BOE núm. 61, do 12 de marzo), esta dirección xeral no uso das facultades que lle confire o Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 198, do 16 de outubro) resolve convocar os exames teóricos e prácticos ordinarios para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer de: patrón/patroa para navegación básica, patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de iate, capitán/capitá de iate, patrón/patroa de moto náutica A e patrón/patroa de moto náutica B, conforme as seguintes normas:

1. Obxecto.

O obxecto desta resolución é establecer os requisitos para acceder ás probas ordinarias teóricas e prácticas, así como fixar as datas e os lugares de realización das citadas probas para a obtención dos títulos que habilitan para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015.

2. Normas xerais.

Os exames teóricos e prácticos realizaranos os tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 3 da Orde do 28 de novembro de 2007, pola que se regula a composición dos tribunais para a obtención de titulacións marítimo pesqueiras e náutico deportivas (DOG núm. 243, do 18 de decembro).

3. Solicitudes e documentación necesaria para presentarse aos exames teórico-prácticos.

Os/as candidatos/as solicitarán a súa admisión ao exame teórico ou práctico mediante a solicitude dirixida ao/a presidente/a do tribunal do centro oficial de ensino pesqueiro onde realizará o exame. Terán que cumplimentar a solicitude que figura como anexo I da Orde do 8 de xaneiro de 2009 (procedemento PE616C). O modelo de solicitude facilitarase nas oficinas da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, nas xefaturas territoriais, nas xefaturas de Coordinación da Área do Mar, nas xefaturas comarcais da Consellería do Medio Rural e do Mar e tamén na Guía de Procedementos e Servizos en https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

Coa solicitude é necesario achegar a seguinte documentación para poder presentarse aos exames teórico-prácticos:

a) Unha fotografía recente tamaño carné.

b) Copia do DNI ou NIE do/da solicitante só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas no anexo I.

c) Recoñecemento psicotécnico, no caso de que sexa necesario, de acordo co disposto no anexo VIII do Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer (BOE núm. 247, do 11 de outubro).

Non será necesario achegar o recoñecemento psicotécnico se transcorreu un período menor de dous anos desde a data de obtención ou renovación de calquera título, ou desde a realización de calquera outro exame de titulacións náuticas de lecer.

d) Acreditar o pagamento das taxas.

Segundo o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro de 2004) e na Lei 11/2014, do 19 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015 (DOG núm. 249, do 30 de decembro) as taxas polos dereitos de exame das distintas titulacións de lecer son as seguintes:

d.1. Exames teóricos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 29,45 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 37,91 €.

– Patrón/patroa de iate: 53,11 €.

– Capitán/capitá de iate: 64,45 €.

– Patrón/patroa de moto náutica «A» ou «B»: 28,60 €.

d.2. Exames prácticos:

– Patrón/patroa para navegación básica: 73,59 €.

– Patrón/patroa de embarcacións de lecer: 73,59 €.

– Patrón/patroa de iate: 110,40 €.

– Papitán/capitá de iate: 110,40 €.

– Patrón/patroa de moto náutica «A» ou «B»: 82,87 €.

e) Os/as candidatos/as que se presenten ao exame teórico ou práctico de seguridade e navegación de patrón/patroa de iate ou de capitán/capitá de iate, deberán achegar copia de estar en posesión do título anterior, se foi expedido fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Os/as candidatos/as que teñan superada unha parte do programa de patrón/patroa de iate ou de capitán/capitá de iate fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán achegar coa solicitude de exame a copia do certificado orixinal do último exame realizado e solicitar a validación das materias aprobadas en anteriores convocatorias.

g) Unha vez finalizado o prazo de solicitude de inscrición nos exames, farase pública a listaxe provisional dos/das aspirantes admitidos/as e excluídos/as na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar http://www.medioruralemar.xunta.es e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que os/as aspirantes excluídos/as poidan emendar as deficiencias, de acordo co disposto no artigo 71.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Achega de solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comúns utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Titulacións», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a citada Secretaría Xeral Técnica mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico á: secretariaxeraltecnica.cmrm@xunta.es

6. Lugares e datas de matrícula.

Os exames teóricos e prácticos realizaranse nos seguintes centros:

• Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avenida Beiramar, 55, 36202 Vigo. Teléf.: 986 23 56 09).

• Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (rúa 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf.: 981 37 01 79).

• Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (rúa Praia de Coroso, s/n, 15960 Ribeira. Teléf.: 981 87 44 76).

As datas de matrícula son as seguintes:

Convocatoria de maio: do 30 de marzo ao 17 de abril, ambos os dous inclusive.

Convocatoria de setembro: do 1 de agosto ao 19 de agosto, ambos os dous inclusive.

As datas dos exames teóricos e prácticos aparecen no anexo II desta resolución. As horas de inicio dos exames serán anunciadas polo/a presidente/a do tribunal no taboleiro de anuncios de cada centro e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

7. Tribunais.

A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, unha vez coñecido o número de candidatos/as presentados/as aos exames nas distintas titulacións nomeará os tribunais para a realización das probas.

8. Desenvolvemento das probas.

8.1. Rematados os exames teóricos, o/a secretario/a do tribunal publicará no taboleiro de anuncios do centro unha copia do exame e a folla coas respostas correctas, co fin de que os/as interesados/as poidan comprobar o resultado do seu exercicio.

8.2. Realizadas as probas de seguridade e navegación do exame práctico, o/a presidente/a do tribunal comunicará o/a interesado/a o resultado destas coa cualificación de apto/a ou non apto/a.

Unha vez corrixidos os exames teóricos, o tribunal fará públicas no taboleiro de anuncios do centro as listas provisionais das cualificacións, así como na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Unha vez realizadas as probas prácticas de seguridade e navegación, o tribunal fará públicas no taboleiro de anuncios do centro as listas provisionais das cualificacións, así como na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

8.3. Os/as interesados/as disporán dun prazo de 10 días hábiles para formular reclamacións contra as cualificacións provisionais. As reclamacións irán dirixidas ao tribunal.

8.4. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o/a presidente/a do tribunal ditará unha resolución coa lista dos/as aspirantes que superaron as probas teóricas e outra cos/as aspirantes que superaron as probas prácticas de seguridade e navegación. Estas resolucións serán publicadas no taboleiro de anuncios do centro así como na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar.

8.5. Contra as resolucións do/a presidente/a do tribunal os/as interesados/as poderán interpor recurso de alzada perante a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva coas cualificacións obtidas polos/as aspirantes.

9. Contra a presente resolución poderán os/as interesados/as interpor recurso de alzada perante o secretario xeral do Mar, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

10. Para obter o título correspondente ademais da superación destas probas os/as interesados/as deberán reunir os requisitos establecidos no Real decreto 875/2014, do 10 de outubro, polo que se regulan as titulacións náuticas para o goberno das embarcacións de lecer.

11. Temarios de exame.

Os temarios oficiais de exame para as titulacións de capitán/capitá de iate, patrón/patroa de iate, patrón/patroa de embarcacións de lecer, patrón/patroa de navegación básica, son os recollidos no anexo II do Real decreto 875/2014.

Os temarios correspondentes para obter a titulación de patrón/patroa de motonáutica A e B, están recollidos no anexo I e II do Real decreto 259/2002.

Os criterios de corrección dos exames de cada titulación están establecidos no anexo III da Resolución do 27 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral da Mariña Mercante, pola que se convocan exames teóricos ordinarios para a obtención de titulacións para o goberno das embarcacións de lecer e motos náuticas e de acordo co Real decreto 875/2014, do 10 de outubro.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2015

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO II
Convocatoria de maio

Matrícula: do 30 de marzo ao 17 de abril, ambos os dous inclusive.

Titulación

Exame teórico

Exame práctico

Centros de ensino onde se realizarán os exames

teóricos e prácticos

Patrón/Patroa para Navegación Básica

19 de maio

28 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55, 36202 Vigo.
Teléf.: 986 23 56 09)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (r/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf.: 981 37 01 79)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (r/ Praia de Coroso, s/n, 15960 Ribeira. Teléf.: 981 87 44 76)

Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer

20 de maio

28 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/Patroa de Iate

21 de maio

28 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Capitán/Capitá de Iate

25 de maio

28 e 29 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Patrón/Patroa de Moto Náutica «A» ou «B»

27 de maio

28 e 29 de maio

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Convocatoria de setembro

Matrícula: do 1 de agosto ao 19 de agosto, ambos os dous inclusive.

Titulación

Exame teórico

Exame práctico

Centros de ensino onde se realizarán os exames

teóricos e prácticos

Patrón/Patroa para Navegación Básica

15 de setembro

23 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55, 36202 Vigo.Teléf.: 986 23 56 09)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol (r/ 19 de Febreiro, 30-34, 15405 Ferrol. Teléf.: 981 37 01 79)

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira (r/ Praia de Coroso, s/n, 15960 Ribeira. Teléf.: 981 87 44 76)

Patrón/Patroa de Embarcacións de Lecer

16 de setembro

23 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Patrón/Patroa de Iate

17 de setembro

23 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

Capitán/Capitá de Iate

21 de setembro

23 e 24 de setembro

Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo

missing image file
missing image file