Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación concursal 3820/2014
Xulgado de orixe/autos: incidente concursal laboral 311/2013 Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña
M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación concursal 3820/2014 desta sección, seguido por instancia do Fogasa contra a empresa Admón. concursal Eymosa (Jesús Graíño Ordóñez), Fidel Rodríguez Barcia, Eymosa, Elaborados y Montajes, S.A., sobre resolución de contrato, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:
«Resolvemos:
Que estimamos en parte o recurso de suplicación formulado polo Fogasa contra a sentenza ditada o 18 de xuño de 2014 polo Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña, en autos nº 311/2013 sobre incidente concursal, seguido por instancia de Fidel Rodríguez Barcia contra o recorrente e contra Elaborados y Montajes, S.A., administración concursal e, con revogación parcial da dita resolución, declaramos que a antigüidade de Fidel Rodríguez Barcia fronte ao recorrente é do 1 de novembro de 2012, mantendo no resto a resolución impugnada.
Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:
– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.
– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.
– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».
E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Eymosa, Elaborados y Montajes, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 19 de febreiro de 2015
A secretaria xudicial
