Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Luns, 16 de marzo de 2015 Páx. 10707

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a corrección de erros da Resolución do 30 de decembro de 2014 pola que se convoca para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefe do Servizo de Cirurxía Torácica, e a ampliación do prazo de solicitudes.

Advertido un erro no anexo I das bases da convocatoria do procedemento para a provisión dun posto de xefe do Servizo de Cirurxía Torácica da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, que foron aprobadas mediante a Resolución do 30 de decembro de 2014 (DOG nº 16, do 26 de xaneiro de 2015) e publicadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde e na páxina do Espazo do profesional, esta xerencia ao abeiro do previsto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede á súa rectificación nos seguintes termos:

1. No anexo I, páxina 3, onde di:

«Bases reguladoras da convocatoria para o procedemento de provisión do posto de xefe do Servizo de Reumatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña».

Debe dicir:

«Bases reguladoras da convocatoria para o procedemento de provisión do posto de xefe do Servizo de Cirurxía Torácica da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña».

Como consecuencia do anterior ampliase en 45 días naturais o prazo para a presentación de solicitudes á praza convocada, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Aqueles profesionais que tendo presentada a súa solicitude de participación para o procedemento no prazo inicial, non terán que realizar unha nova. Poderán neste novo prazo, se é do seu interese, completar a súa solicitude inicial achegando documentación á que se refire a base segunda da convocatoria, nos termos previstos nela.

A Coruña, 23 de febreiro de 2015

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña