Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014354TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data 19 de febreiro de 2015, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2014354TA-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Ludivina Sordo Castro.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Ludivina Sordo Castro o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de febreiro de 2015

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2014354TA-CO.

Interesada: Ludivina Sordo Castro (Cafe Bar Trebol).

DNI/NIF/CIF: 33807084M.

Último enderezo coñecido: avenida Joaquin Planells Riera, 61,15008 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: artigo 2.2, artigo 7.u) e artigo 19.2.d) e 19.3.b).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 676 €.