Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11128

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 25 de febreiro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o requirimento de pagamento de multa do expediente sancionador IN635C 2013/70-4, en período voluntario, á empresa Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L.

Ante a imposibilidade de notificación polo conduto habitual, por medio desta cédula notifícase a Mantenimientos y Revisiones Sol, S.L. o requirimento de pagamento de multa de expediente sancionador en período voluntario.

Comunícaselle que a dita carta de pagamento se atopa á súa disposición, das 9.00 ás 14.00 horas, na Área Xurídica das dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, de Pontevedra.

Comunicáselle que, conforme o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pagamento en período voluntario deberá facerse nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nas alíneas anteriores, exixiranse en vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra