Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0945/2014-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0945/2014-PPM e cinco máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Vigo, 3 de marzo de 2015

Manuel Lago Molares
Instrutor

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0945/2014-PPM.

Persoa interesada: Jaime Fontes Cores.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ As Rodas, 6, Vilanova de Arousa.

Expediente: PSC-PO-1038/2014-PPM.

Persoa interesada: Santiago Eiroa Vilas.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar Meiro, 56, Bueu.

Expediente: PSC-PO-1039/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan Gallego Villar.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: lugar Meiro, 56, Bueu.

Expediente: PSC-PO-1048/2014-PPM.

Persoa interesada: Bruno Manuel Rodrigues da Silva.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida de Galicia, nº 5, 2º D, Coirón, Meaño.

Expediente: PSC-PO-1075/2014-PPM.

Persoa interesada: Manuel Álvarez Montenegro.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: r/ Doutor Corbal, 90, Vigo.

Expediente: PSC-PO-1078/2014-PRE.

Persoa interesada: Jorge Capa Iglesias.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: Alemaña, 1, baixo B, Monte Porreiro, Pontevedra.