Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11113

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (449/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 449/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Esteban Fernández Paradela contra Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmetal, S.L., Arcemei, S.L., Montaje e Ingeniería Arce, S.L., Administración Concursal Montaje e Ingeniería Arce, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 103/2015.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015.

Decido

1º. Tense por desistido o demandante da acción de resolución contractual exercitada no presente procedemento.

2º. Estimo a acción de reclamación de cantidade exercitada por Esteban Fernández Paradela fronte á empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 9.316,81 euros en concepto de salarios debidos.

3º. Desestimo a acción de reclamación de cantidade exercitada por Jesús Manuel Turnes López fronte a de Patgaighe, S.L., Veymarce, S.L., Holding Argeo, S.L., Inversiones Esculo, S.L., Metálicas Esmental, S.L., Arcemei, S.L., polo que se lles absolve de todo pedimento dirixido fronte a elas.

4º. A administración concursal da empresa Montajes e Ingeniería Arce, S.L. e o Fogasa haberán de pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente-causas seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz social de reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Patgaighe, S.L.; Veymarce, S.L.; Holding Argeo, S.L.; Inversiones Esculo, S.L.; Metálicas Esmetal, S.L.; Arcemei, S.L. , en paradoiro descoñecido, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial