Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11160

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de marzo de 2015 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística COR/10/2013-SA1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O instructor do expediente sancionador o día 12 de febreiro de 2015 elaborou a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción urbanística COR/10/2013-SA1, incoado polas obras consistentes na construción de dúas edificacións prefabricadas con tipoloxía de vivenda, contador e instalación para a subministración de enerxía eléctrica, glorieta de estrutura de madeira e churrasqueira levadas a cabo nas proximidades da praia de Fornos, no lugar de Figueiroa, parroquia da Pedra, no termo municipal de Cariño, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela proposta a Manuel Rubido Piñón, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita proposta.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da proposta que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela para a súa consulta, no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para formular alegacións e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística