Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11093

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2015 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir dez prazas da categoría profesional oficial de servizos, grupo IV1 desta universidade, cinco pola quenda de promoción interna e cinco pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 24 de novembro de 2014 (DOG do 2 de decembro e BOE do 15 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir dez (10) prazas da categoría profesional oficial de servizos, grupo IV1 da USC, cinco (5) pola quenda de promoción interna e cinco (5) pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, resolvo:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas polas quendas de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela