Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11107

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (88/2013).

Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 88/2013

Sobre outros, familia incidentes

Demandante: Susana Rodríguez Martínez

Procurador: José Luis Gómez Feijoo

Demandado: Manuel Cortés Miguens

Cédula de notificación

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo ditame é do tenor literal seguinte:

«Decido que debo acordar e acordo as seguintes medidas:

– Atribúese a garda e custodia da filla menor á nai, Susana Rodríguez Martínez, sendo a súa patria potestade exercida de forma conxunta e compartida por ambos os proxenitores.

– Non se establece un réxime de visitas predeterminado para o efecto, mentres non sexa solicitado polo proxenitor non custodio.

– O proxenitor non custodio, Manuel Cortés Miguens, deberá ingresar en concepto de pensión de alimentos a favor da súa filla menor a contía de 180 euros mensuais na conta que se designe, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, esta cantidade será revisada e revalorizada automaticamente con carácter anual de conformidade coas variacións que experimente o IPC publicado polo Instituto Nacional de Estatística ou organismo que chegase a substituílo. Ambos os proxenitores satisfarán por metades os gastos extraordinarios.

Non se aprecian méritos bastantes para efectuar unha especial imposición das custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante este mesmo xulgado.

Acórdao, mándao e asínao Carmen Miranda Vieites, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía e o seu partido».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Manuel Cortés Miguens, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vilagarcía de Arousa, 25 de febreiro de 2015

O/a secretario/a xudicial