Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Mércores, 18 de marzo de 2015 Páx. 11172

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (L-9/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: L-9/2014.

2. Obxecto do contrato: limpeza dos museos científicos coruñeses. Duración: dous anos prorrogable por dous máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 308.277,03 euros anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2º.

7. Clasificación: grupo U, subgrupo I, categoría b.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 1 de abril de 2015. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 25 de febreiro de 2015

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde Responsable de Facenda e Administración Pública