Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Xoves, 19 de marzo de 2015 Páx. 11214

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2015 pola que se amplía a dotación orzamentaria prevista inicialmente na Resolución do 26 de decembro de 2014 que estableceu as bases reguladoras e a posterior convocatoria de subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se anunciou a convocatoria anticipada para o ano 2015.

Mediante resolución do director do Inega do 26 de decembro de 2014 aprobáronse as bases reguladoras das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa para o ano 2015.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, a convocatoria de axudas tramitouse anticipadamente sobre a base do disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e financiouse con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2015 e sendo a procedencia dos fondos de diversa natureza: Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración xeral do Estado.

Coa finalidade de poder atender o elevado número de solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, e posto que a dotación asignada resulta insuficiente e existe crédito dispoñible noutros proxectos do orzamento de gasto do exercicio corrente coa mesma modalidade de fondos de procedencia, cómpre facer ampliación da dotación orzamentaria asignada para esta convocatoria de axudas.

O artigo 2.1 das bases reguladoras, relativo ao financiamento, prevé unha dotación inicial de 9.333.333,00 euros. Porén, no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese a posibilidade de incrementar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Polo anteriormente exposto, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Incrementar en 2.666.667 euros o crédito destinado ás subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia para proxectos de equipamentos térmicos de biomasa, correspondentes ao exercicio 2015, convocadas pola Resolución do 26 de decembro de 2014. O incremento distribuirase do seguinte xeito:

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Incremento

Administración pública autonómica

Administración pública local

08.A2.733A.761.0

1.000.000 €

Pequenas e medianas empresas, as súas agrupacións e asociacións

08.A2.733A.771.0

300.000 €

Persoas físicas e institucións sen ánimo de lucro

08.A2.733A.781.0

1.366.667 €

Total

2.666.667 €

Segundo. A dotación total da convocatoria pasa a ser de 12.000.000 euros, de acordo co seguinte cadro de financiamento desagregado por procedencia de fondos:

Dotación inicial

Incremento

Dotación final

Feader

7.000.000 €

2.000.000,25 €

9.000.000,25 €

Fondos da Comunidade Autónoma que cofinancian

1.201.200 €

343.200,04 €

1.544.400,04 €

Fondos do Estado que cofinancian

1.132.133 €

323.466,71€

1.455.599,71 €

Total

9.333.333 €

2.666.667 €

12.000.000 €

Terceiro. A presente ampliación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2015

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia