Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 24 de marzo de 2015 Páx. 11545

I. Disposicións xerais

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (309/2014).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por medio deste edicto anuncia:

No recurso de casación en interese de lei número 309/2014, seguido por instancia da Administración autonómica, ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza: 53/2015.

Relator: Julio César Díaz Casales.

Recurso de casación en interese de Lei número 309/2014.

Recorrente: a Administración autonómica.

Recorrida: Felipe Traveso García.

É parte o Ministerio Fiscal.

No nome do rei.

A sección especial para o coñecemento dos recursos de casación en interese de lei da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou a seguinte

Sentenza:

José María Gómez y Díaz-Castroverde.

José Antonio Méndez Barrera.

Fernando Seoane Pesqueira.

Julio César Díaz Casales.

José Ramón Chaves García.

A Coruña, 4 de febreiro de 2015.

No presente recurso de casación en interese de lei, que co número 309/2014 se segue ante esta sala, interposto polo letrado da Xunta de Galicia, en nome e representación da Administración autonómica, contra a sentenza número 119/2014, con data do 20 de xuño de 2014, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, no procedemento abreviado número 61/2014. É parte recorrida Felipe Traveso García, representado pola procuradora Ana María Tejelo Núñez. É parte o Ministerio Fiscal.

É relator Julio Cesar Díaz Casales.

Resolvemos:

Que debemos estimar e estimamos o recurso de casación en interese de lei interposto polo letrado da Xunta de Galicia contra a Sentenza 119/2014, do 20 de xuño, ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, e fixamos como doutrina legal a seguinte:

«De acordo co previsto no artigo 1.1 da Lei do Parlamento de Galicia 9/2012, a supresión da paga adicional do persoal ao servizo da Administración de xustiza no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, prevista no artigo 12.3 da Lei do Parlamento de Galicia 14/2006, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2007, farase efectiva desde a entrada en vigor desta Lei do Parlamento de Galicia 9/2012».

Non se fai expresa imposición de custas a ningunha das partes.

Notifíquese a presente sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Ordénese a publicación da presente sentenza no Diario Oficial de Galicia para os efectos do previsto no artigo 101.4 da LRXCA.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E, como consecuencia do ordenado na resolución da sentenza, expídese este edicto para a notificación do encabezamento e resolución da sentenza no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de marzo de 2015

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial