Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 5 de marzo de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente LU-RES-2014-062.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta secretaría xeral, sita no Edificio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, 15781, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

Expediente: LU-RES-2014-062.

Interesada: Rovilugo, S.L.

Acto notificado: resolución.