Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 25 de marzo de 2015 Páx. 11937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moaña

ANUNCIO de contratación de obras por procedemento aberto (expediente 70/14C).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moaña.

2. Obxecto do contrato: rehabilitación de lavadoiros de Moaña.

3. Prazo de execución: 2 meses.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso, múltiples criterios de adxudicación.

6. Base ou tipo de licitación (anexo I 1.3 do PCAP): 63.922,05 €, IVE excluído.

7. Garantía provisoria: non se exixe.

8. Garantía definitiva: equivalente ao 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de información e documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Moaña. As Barxas, 2, 36950 Moaña (Pontevedra). Teléfono: 986 31 01 00, fax: 986 31 01 04 e no perfil do contratante na páxina web do concello www.concellodemoana.org

10. Proposicións. Lugar e prazo de presentación: consonte establece a cláusula décima do PCAP: no rexistro de entrada do Concello de Moaña durante o prazo 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último boletín en que apareza (BOP, DOG ou perfil do contratante). Documentación: cláusula 13 do PCAP.

11. Capacidade para contratar: consonte establece a cláusula 6 do PCAP.

Máis información nos pregos, que se poden consultar en horario de oficinas na propia Casa do Concello e na páxina web do concello (perfil do contratante www.concellodemoana.org)

Moaña, 16 de febreiro de 2015

José Fervenza Costas
Alcalde