Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 27 de marzo de 2015 Páx. 12131

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 17 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais do baremo aberto polo Anuncio do 9 de febreiro de 2015, polo que se comunica a ampliación de titulacións e se procede á apertura dun novo prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional na especialidade de Procesos Comerciais e Procesos de Xestión Administrativa (Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro).

Finalizado o prazo para presentar a solicitude e realizada a baremación dos méritos da especialidade de Procesos Comerciais e Procesos de Xestión Administrativa (591221 e 591222) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, procede a publicación das puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisionais, na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería (http://www.edu.xunta.es), as puntuacións provisionais e a relación de excluídos provisional do baremo para prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de Procesos Comerciais e Procesos de Xestión Administrativa (591221 e 591222) do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Segundo. Contra estas puntuacións provisionais e relación de excluídos provisionais poderá interpoñerse reclamación no prazo de dez días naturais, a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Disposición adicional primeira

Podrán efectuar a reclamación as persoas que presentaron a solicitude según o Anuncio do 9 de febreiro de 2015, polo que se comunica a ampliación de titulacións e se procedía á apertura dun novo prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia (Diario Oficial de Galicia do 26 de febreiro).

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2015

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos