Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12372

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 16 de marzo de 2015, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 (DOG núm. 78, do 24 de abril), modificada pola Orde do 19 de maio de 2014 (DOG núm. 101, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar a reclamación presentada en relación coa puntuación do terceiro exercicio.

Segundo. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentos da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.4. da convocatoria.

Terceiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, os/as aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

De conformidade coa base IV.3, se tivesen a condición de funcionarios/as de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos/as de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento e deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependesen para acreditar tal condición.

Cuarto. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que os/as aspirantes que figuran nela sexan propostos/as para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Facenda nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2015

Xan Mera Cabanelas
Presidente do tribunal

ANEXO
Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio
da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as
técnicos/as industriais

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Total

33333457V

Carballido Reboredo, María Raquel

12,53

14,2

17,0

Exenta

43,7

76824350A

Castro Balboa, Diego

14,92

16,2

11,4

Exento

42,6