Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 30 de marzo de 2015 Páx. 12511

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se procede á corrección de erros no anuncio de licitación do procedemento aberto para a contratación do seguro de responsabilidade civil/patrimonial.

Na publicación do anuncio de licitación do procedemento aberto para a contratación do seguro de responsabilidade civil/patrimonial da Deputación Provincial de Ourense, publicado na páxina 10.045 do Diario Oficial de Galicia núm. 48, do 11 de marzo de 2015, existe un erro na cláusula IX do prego de cláusulas administrativas particulares, no referente ao contido do sobre nº 3 cando se detalla o contido da plica de tal xeito que onde di:

«1. un período de retroactividade da póliza (mínimo 24 meses de extinción do contrato) de ... meses».

Deberá dicir:

«1. un período de descubrimento da póliza (mínimo 24 meses de extinción do contrato) de ... meses».

Por outra banda, na cláusula XIII, onde se fixan os criterios de valoración, onde di:

– «Melloras ofertadas en concepto de extensión do período de retroactividade da póliza...».

Debe dicir:

– «Melloras ofertadas en concepto de extensión do período de descubrimento da póliza...».

O prazo para a presentación da documentación para participar neste procedemento realizarase no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense en días e horas de oficina, ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Ourense, 17 de marzo de 2015

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense