Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2015 pola que se fai pública a formalización dun contrato de obras non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de obras: nova pavimentación na explanada do peirao comercial de Brens (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Clave do expediente: 12/2014/CNTOB.

e) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20855

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de obra.

b) Descrición do obxecto: nova pavimentación na explanada do peirao comercial de Brens, A Coruña.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia número 164.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 29 de agosto de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato.

613.600 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 738.397,02 euros. Importe total: 893.460,39 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2 de marzo de 2015.

b) Data de formalización do contrato: 13 de marzo de 2015.

c) Contratista: Construcciones López Cao, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 613.600 euros. Importe total: 742.456 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2015

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia