Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015080AL-PO incoado por infraccións en materia de seguridade alimentaria.

Con data do 9 de febreiro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2015080AL-PO incoado á entidade Cárnicas da Paradanta, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Cárnicas da Paradanta, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra; avenida Fernández Ladreda, número 43, 1º e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 3 de marzo de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2015080AL-PO.

Denunciada: Cárnicas da Paradanta, S.L., con CIF B36277259.

Último enderezo coñecido: A Madalena, s/n, Darbo, 36945 Cangas.

Feitos imputados: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria. Tamén se confirma a medida cautelar SC 5/15 CAR, de suspensión temporal da actividade do establecemento co número de rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos 10.13167/PO.

Preceptos infrinxidos:

– Artigos 17 e 18 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

– Artigos 3 e 4.2 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

Tipificación: infracción grave, segundo o artigo 51, punto 2, parágrafo 3, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción proposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).