Con data do 5 de febreiro de 2014, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2014183AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a entidade Alosgrup, S.L. (Panadería Alonso).
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Alosgrup, S.L. (Panadería Alonso) o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca; do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou do Santander, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2015
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2014183AL-CO.
Denunciada: Alosgrup, S.L. (Panadería Alonso).
DNI/CIF: B70375894.
Último enderezo coñecido: avenida Gonzalo Navarro, 60, 15572 Narón.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Precepto infrinxido: artigos 50.1.c) e 50.1.h) da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Tipificación: grave, segundo os artigos 50.1, 51.1.b) e 51.2 da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.
Sanción imposta: sete mil euros (7.000,00 €).