Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12550

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 11 de marzo de 2015 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo na Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

De conformidade co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 199, do 15 de outubro), no artigo 121 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG núm. 143, do 24 de xullo), e nos artigos 59 e 60 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo) de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas a esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I.

Segundo. As retribucións fixas do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica. As retribucións variables serán percibidas en función do cumprimento dos obxectivos previamente pactados para cada posto directivo cos órganos competentes do Servizo Galego de Saúde.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral dos Servizos Centrais e Periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas interesadas deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do anexo II, un curriculum vitae. Dentro do prazo da convocatoria, ademais, deberán proceder a rexistrar no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) os seus datos persoais, requisitos e méritos, e acreditalos ante unha unidade de validación. O acceso ao expedient-e efectuarase a través da páxina web (www.sergas.es) na forma que se indica na Orde do 8 de maio de 2012 pola que se regula o contido, uso e acceso ao expediente electrónico dos profesionais do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 92, do 15 de maio).

Quinto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto ofertado.

Sexto. Consonte cos artigos 59 e 60 do citado Decreto 206/2005, o vínculo da persoa seleccionada formalizarase nun nomeamento de carácter administrativo para o persoal estatutario ou funcionario con vínculo de fixeza ao servizo de calquera Administración pública, pertencente ao grupo de clasificación que se corresponda co nivel académico que se require para o posto directivo e que se especifica no anexo I. Noutro caso, nos supostos previstos nos citados artigos, a vinculación da persoa seleccionada poderá formalizarase mediante contrato laboral de alta dirección.

Sétimo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2015

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Denominación do posto: subdirector/a da área de Recursos Económicos.

Titulación requirida: licenciado/a universitario/a ou diplomado/a universitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file