Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12559

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2015, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria do 26 de febreiro de 2014 para a provisión, mediante nomeamento temporal, de tres prazas vacantes na categoría de facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Mediante Resolución do 26 de febreiro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, formalizase a convocatoria de selección temporal de diversas prazas de persoal facultativo especialista de área, con publicidade mediante anuncio no DOG núm. 62, do 31 de marzo, entre elas, das prazas de cirurxía xeral e aparello dixestivo.

A lista provisional de admitidos/as e a composición da Comisión de Avaliación foi publicada o día 23 de maio mediante Resolución do 22 de maio de 2014. Con data do 7 de xullo publícase a Resolución do 30 de xuño de 2014 pola que se publica a lista definitiva de aspirantes admitidos/as. Así tamén, con data do 6 de novembro publícase a Resolución do 5 de novembro de 2014 cos acordos da Comisión sobre criterios de avaliación, data, lugar e hora da entrevista para a selección temporal de persoal facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Con data do 14 de novembro de 2014 tivo lugar a entrevista dos/das aspirantes ás prazas vacantes, de acordo co disposto no número 9 da convocatoria citada. A Comisión de Avaliación remitiu á Xerencia a proposta de avaliación de aspirantes para a súa publicación. Con data do 30 de xaneiro de 2015 foi publicada a Resolución do 28 de xaneiro de 2015 coa relación provisional de puntuacións obtidas polos/as aspirantes, con prazo de 10 días para presentar reclamacións de acordo coa convocatoria.

Unha vez transcorrido o citado prazo, logo da resolución das reclamacións, a Comisión de Avaliación remitiu á Xerencia o acordo coas puntuacións definitivas.

Así, de acordo coa convocatoria citada, recibido o acordo da Comisión con data do 2 de marzo de 2015, e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo), e pola Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG núm. 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), a Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Declarar resolta a convocatoria referida e adxudicar o nomeamento temporal de tres prazas vacantes de facultativo especialista da Área de Cirurxía Xeral e Aparello Dixestivo a favor de Iria García Oro, de Sergio Manuel Estévez Fernández e de Gabriela Romay Cousido no Complexo Hospitalario de Pontevedra.

No prazo máximo de 10 días desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución deberán presentar a documentación que se recolle no punto 10 da convocatoria.

De non achegar a documentación requirida no prazo establecido, non poderá ser nomeado/a e quedarán sen efecto todas as actuacións. No caso de que a praza quedase vacante, procederase a declarar seleccionado/a o/a aspirante con maior puntuación segundo a orde de prelación na lista definitiva publicada por Resolución do 2 de marzo de 2015.

Contra a presente resolución poderá interporse recurso de alzada, nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 2 de marzo de 2015

José Manuel González Álvarez
Xerente da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés