Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1005/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 1005/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Moure Ramos contra Escayolas Gasamáns, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza nº 63, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

«Sentenza

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos nº 1005/2013, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de Javier Moure Ramos, asistido pola letrada Marisol Romero Salgado, contra Escayolas Gasamáns, S.L. e Fogasa, que non comparecen, pronunciou a seguinte sentenza

(…)

Decido

Que debo estimar e estimo a demanda presentada e, en consecuencia, condeno a Escayolas Gasamáns a pagar a Pablo Gondelle Peña 2.349,32 euros, máis 432,53 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a se ater a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamáns, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2015

A secretaria xudicial