Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 31 de marzo de 2015 Páx. 12627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de marzo de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria 32/00011/13B.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución de perda do dereito á axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

O interesado relacionado no anexo pode recoller a devandita resolución no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao desta publicación, segundo o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Procedemento: expediente número 32/00011/13B, de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

Interesado: Blanco Rodríguez, Jorge.

Acto de notificación: resolución de perda do dereito á axuda.

Último enderezo coñecido: Estrada de Mourillós, 32800 Celanova, Ourense.