Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2015/059-1).

Nº de expediente: IN407A 2015/059-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS e CTC rúa do Río Miño, nº 40.

Concello: Carballo.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,188 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS CBL-702, tramo entre CT Río Miño (expediente 512/05) e CT San Martiño, nº 37 (expediente 542/07), condutor tipo RHZ1-12/20 kV, 1×240 mm2 Al, e final no CT rúa do Río Miño, nº 40 (proxectado).

Centro de transformación non prefabricada, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 3 de marzo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña