Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 9 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica resolución ao herdeiro de Mercedes García García.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a notificación ao herdeiro de Mercedes García García a través do servizo de Correos, requírese a persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto, compareza persoalmente ou debidamente representado, no Servizo de Coordinación de Centros da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (Salvador de Madariaga, nº 9-1º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do seu expediente.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 9 de marzo de 2015

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nome e apelidos: José Luis Nieves García.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 284-7º H, 15011 (A Coruña).