Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Acolá Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Acolá Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 11 de outubro de 2014, no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña. O seu novo domicilio social é no polígono Costa Vella; rúa República Checa, número 40, despacho B.4 B, no concello de Santiago de Compostela, provincia da Coruña.

A Coruña, 4 de marzo de 2015

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña