Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 1 de abril de 2015 Páx. 12897

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal na categoría profesional de enxeñeiro de montes, perfil xestión de actuacións.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas II para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) na categoría profesional de enxeñeiro de montes, perfil xestión de actuacións.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2015

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente de Seaga